top of page

TEMA 1-Antigo Réxime

O Antigo Réxime é un sistema sociopolítico ó que estiveron sometidos a maior parte dos países europeos nos séculos XVII e XVIII.

Para acabar con este movemento, o cal provocou un grande estancamento, iniciouse no século XVIII un movemento que pretendía 'iluminar' ó ser humano co coñecemento. Este movemento é chamado Ilustración.

Os pensadores ilustrados foron chamados filósofos, e entre eles destacan: Voltaire, co Dicionario Filosófico, que defende unha relixión natural pero rexeita a Igrexas e a superstición; Montesquieu, con O espírito das leis, onde defende a separación de poderes; Rousseau, quen defende as ideas democráticas ca sua obra O contrato social; e Diderot e DÁlembert, quenes dirixiron a primeira Enciclopedia.

No s. XVII apareceron novos modelos políticos baseados nos principios do liberalismo: a soberanía reside no pobo, e é este o que delega o seu poder nun rei, sen ter en conta o dereito divino. Este principio sentou as bases da monarquía parlamentaria.

No s. XVIII, algúns monarcas absolutistas aceptaron os principios da Ilustración pero rexeitaron as súas ideas políticas. Deste xeito, convertíronse en déspotas ilustrados: gobernaban dentro do absolutismo, pero mostraban interese pola modernización económica e cultural.

Os avances do despotismo ilustrado non foron sufiente para os pensadores da Ilustración. os cales decretaron que os Estados tiñan que contar con leis baseadas nos principios do liberalismo e fundamentarse na división de poderes. Mantíñase unha sociedade estamental, e a burguesía, que formaba parte do terceiro estado, pasou a ser o grupo social máis poderoso. Paralelamente, produciríase un descrédito dos estamentos privilexiados.

Fronte a intervención do Estado na economía, formuláronse dúas teorías económicas: a fisiocracia, que argumentaba que a principal fonte de riqueza era a agricultura, co cal era necesario asegurar a propiedade privada da terra; e o liberalismo económico, representado por Adam Smith, que sostiña que os intercambios de mercado debían ser libres, rexidos só pola lei da oferta e da demanda.

No ano 1700, morreu o monarca español Carlos II de Austria sen descendencia, o cal nomea sucesor a Felipe de Anjou, da casa dos Borbón. Iníciase unha Guerra de Sucesión, que se librou en dous ámbitos: 

  •   En Europa as grandes potencias como Gran Bretaña, Provincias Unidas e Sacro Imperio, temían que, ó reinar a casa dos Borbón, se unisen os reinos de España e Francia. Ante esto, propuxeron a Carlos de Austria como sucesor, xaque tamén alegaba dereitos ó trono.

  • En España desatouse unha Guerra Civil, na que se enfrontaron os partidarios dos dous posibles sucesores, sendo a Coroa de Argaón a que apoiaba a Carlos de Austria. Temían que se instaurase en España un modelo de Estado centralizado e absolutista como en Francia.

A guerra rematou coa Paz de Utretch, un conxunto de tratados onde de facía unha repartición territorial onde España lle cedía territorios a Austria, Gran Bretaña e Savoia.

Unha das primeiras medidas de Felipe V foi publicar os Decretos de Nova Planta, onde se dirixiu contra os territorios da Coroa de Aragón por enfrontarse contra el na Guerra de Sucesión. Quedaron abolidos todos os privilexios de Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca. Tamén se suprimíron as súas cortes, co cal todos estes territorios rexiríanse polas leis de Castela.

A política interior dos Borbón, baséase en dous obxectivos: fortalecer o absolutismo, co cal debilitaron o poder da nobreza hereditaria e fortaleceron o poder do monarca fronte á Igrexa, o chamado regalismo; e crear institucións adecuadas ó novo modelo de Estado, e tamén de dividiu o territorio en provincias. Por outro lado, a política exterior estivo condicionada polos Pactos de Familia entre Francia e España.

A Ilustración española carecía de vertente revolucionaria, polo que se enfocou máis no fomento da economía, cultura e educación. Entre os ilustrados máis destacados atópanse o Padre Feijoo, Olavide, Campomanes e Jovellanos.

Carlos III quería aplicar un ambicioso plan de reformas, polo que se rodeou de ministros ilustrados, entre eles o marqués de Esquilache, o cal se convertiría no personaxe máis representativo do reformismo do rei. As medidas que propuxo desgustaron á Igrexa e ós grupos máis conservadores. A orde que propuxo foi substituír a vestimenta popular tradicional (capa longa e sombreiro de aba ancha) por capa curta e sombreiro de tres picos, debido a supostas razóns de desorde pública e hixiene. O podo de Madrid amotinouse e esixiu a destitución do ministro, véndose o rei obrigado a facelo. A continuación o rei expulsou ós xesuítas, ós que consideraba iniciadores do motín, pero tivo problemas coa Compañís de Xesús, os cale obedecían antes ó Papa que ó rei. 

bottom of page