O MEU RECUNCHO DE HISTORIA
por Paula Rodríguez Trashorras



Exercicio de Clase

TEMA 3-A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A Revolución Industrial foi un proceso de crecemento contínuo e acelerado da economía. Non foi un proceso illado, senón que foi acompañada por outras revolucións, como a agraria e a demográfica.
A Revolución Agraria deuse debido a unha serie de transformacións que modernizaron a agricultura e a gandaría e incrementaron a produción, como por exemplo a introdución de novos cultivos, os novos sistemas de drenaxe, etc. Ademáis desas transformacións, en Gran Bretaña levouse a cabo unha serie de reformas legais que tiveron o seu punto de partida na aprobación do Parlamento, e que lles permitía ós grandes propietarios apropiarse de grandes terreos e cercalos (enclosure acts). Eses propietarios presentaban unha mentalidade práctica e emprendedora, que os impulsaba a modernizar as súas explotacións para obter o máximo beneficio. Esto tamén tivo unhas consecuencias nefastas para os labregos, quenes quedaron sen pastos comunais para traballar, e víronse obrigados a emigrar cara as cidades, onde se precisaba de man de obra barata e non cualificada, o chamado éxodo rural.
A diferenza básica entre a economía preindustrial e a economía industrial, é a fonte de enerxía: na primeira era a forza muscular e na segunda o traballo se facía con máquinas, que consomen outras fontes de enerxía, como electricidade ou petróleo. Os factores que contribuíron á Revolución Industrial foron:
-
A existencia de abundantes xacementos de carbón e mineral de ferro.
-
A expansión do comercio.
-
A dispoñibilidade de suficientes capitais.
-
Os cambios das teorías económicas.
A Revolución Industrial veu acompañada dun novo sistema político, o capitalismo.
O sector siderúrxico estaba ligado á produción do carbón, o cal permitía alcanzar altas temperaturas nos altos fornos onde se fundía o metal, como a aceiro. Para aforrar gastos, estes fornos solían estar preto de xacementos de ferro, ou en cuncas hulleiras. A expansión da máquina de vapor ou a construción do ferrocarril provocaron unha demanda crecente de ferro e aceiro.
A parte da industria siderúrxica, tamén comezaba a sufrir transformacións o sector téxtil. En Gran Bretaña existía unha artesanía téxtil que traballaba a la, pero as medidas proteccionistas levaron ós investigadores a importar materia prima para producir tecidos de algodón en Gran Bretaña, xurdindo así unha gran industria algodoeira. Mentres tanto, unha serie de inventos conseguiron mecanizar todo o preceso algodoeiro, conseguindo así unha multiplicación da produción. Desta forma, naceron as primeiras factorías, nas que traballaban un elevado número de obreros.
A Revolución Industrial supuxo o auxe do comercio e do transporte, xa que as industrias demandaban materias primas e os produtos tiñas que chegar ós consumidores. As transformacións comezaron a partir da construción de canais e a mellora das estradas; sin embargo, o cambio máis importante foi o ferrocarril, cando se aplicou a máquina de vapor ó transporte. A locomotora permitiu unir Manchester (centro da industria algodoeira) co porto de Liverpool. A máquina de vapor tamén de aplicou á navegación. A revolución do transporte trouxo cambios na comunicación, como o sistema postal e o telégrafo eléctrico.
Na segunda fase da Revolución Industrial medrou a industria siderúrxica, e a fonte de enerxía pasou a ser mesmo a electricidade ou o petróleo, xunto co carbón da primeira fase. A rede de ferrocarrís extendeuse enormemente, incorporouse a máquina de vapor á navegación de forma xeralizada e apareceron as locomotoras eléctricas, o automóbil e o avión. Establecéronse institucións académicas para potenciar o saber científico.
Os cambios da segunda metade da Revolución Industrial provocaron a aparición do gran capitalismo ou capitalismo financieiro, cuxas características son:
-
A creación de sociedades anónimas. Através da compravenda de accións, facilitáronse os procesos de concentrción de compañías, os trusts, que levou á creba de empresas pequenas.
-
O desenvolvemento da banca e a evolución do diñeiro. Xeralizouse o uso de billetes e depósitos bancarios, o que facilitou as transaccións.
-
As novas formas de organizaro traballo. Abaratáronse costes ca produción en cadena. Por exemplo, o taylorismo divide o proceso de fabricación en tarefas cronometradas.
-
A tendencia cara o proteccionismo. O librecambismo foi substituído por unha política económica proteccionista. Mediante arranceis á importación cada país intentouprotexer os seus produtos fronte a competencia cas industrias extranxeiras.


Exercicio de Clase
