top of page

TEMA 2-AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS

A finais do século XVIII había en Francia un malestar xeralizado, así que o rei Luis XVI convocou unha reunión cos representantes dos tres estamentos, o que se deu en chamar Estados Xerais, co propósito de solicitar unha axuda económica. Os representantes de cada estamento levaban uns cadernos de queixas onde lle facían peticións ó rei. Os representantes do terceiro estado eran máis numerosos que a nobreza e o clero xuntos, así que reclamaron o voto por deputado, en vez de o voto por estamento.

O rei denegou esa petición, así que o terceiro estado deixou os Estados Xerais e formou unha Asamblea Nacional, á que poco a poco se lle foron unindo algúns membros da nobreza e clero. O 14 de xullo de 1789, o pobo de París atacou a fortaleza da Bastilla, o que marou o inicio da revolución popular. Na Asamble Nacional tomáronse varias decisións que acabarían co Antigo Réxime:

  • Constitución Civil do Clero

  • Abolición da Sociedade Estamental

  • Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán

  • Adoptar o lema 'Liberdade, Igualdade, Fraternidade'

A Asamble pasou a ser Constituínte, pois en 1791 elaborou a primeira constitución de Europa. O rei, ó xurala, deixou de ser monarca absoluto.

Ante estes acontecementos, os monarcas absolutos europeos viron perigar os seus tronos, polo que formarón unha coalición contra os revolucionarios franceses. Luis XVI intentou fuxir e reunirse cas tropas prusianas, pero foi descuberto, e acusado de traizón. En 1792 atacouse  o Palacio das Tullerías e a familia real foi apresada, suceso con que comezou a Primeira República Francesa, gobernada por unha Asamblea chamada Convención, formada por dous grupos:

  • Xirondinos: procedían da Gironde e eran os representantes da alta burguesía.

  • Xacobinos: identificábanse cas clases populares máis revolucionarias, coñecidos como sans culottes, e eran liderados por Robespierre, Marat e Danton.

Luis XVI foi guillotinado, e a República, que estaba controlada polos Xacobinos adentrouse nun período violento chamado Terror, no que sobresae a figura de Roberspierre. En 1793 publícase a primeira constitución republicana que recoñece o sufraxio universal.

En xullo de 1794, Roberpierre foi executado debido ó golpe de Estado de Termidor. Un ano máis tarde, ca Constitución de 1795, estableceuse que o goberno o exercería un Directorio formado por cinco membros, para evitar outra situación parecida á de Robespierre. O Directorio levou a cabo o coñecido Terror Branco, a persecución de todos os líderes e partidarios da etapa anterior. Mentres tanto, continuaban as coalición europeas contra Francia, nas que destacou Napoleón Bonaparte.

O 18 de brumario (9 de novembro) Napoleón deu un golpe de Estado que acabou co Directorio. Constituíu un Consulado, para gobernar de forma colexiada e evitar dictaduras como a de Robespierre. Pero esteconcentrou o poder, e de primeiro cónsul pasou a cónsul vitalicio, e finalmente proclamouse emperador.

Napoleón púxolle fin á revolución, e o seu goberno baseouse nas seguintes características:

  • Creación do Código de Napoleón, nova orde institucional que compila leis que son iguais para todos os cidadáns.

  • Principio das carreiras abertas ó talento, permitía á burguesía asumir altos cargos, e creou unha nova nobreza, á que se accedía por méritos e non por nacemento.

  • Restablecemento da orde, organizou unha acción policial, saneou as finanzas, centralizou a Administración e reanudou as alianzas ca Igrexa católica.

 

En España, Carlos IV ocupou o trono, xusto un ano antes de que estalara a revolución francesa. Nunca foi un monarca moi popular, e reprochábanlle que delegase todo o seu poder en Manuel de Godoy, o seu primer ministro, ó que odiaba toda a nobreza. A política exterior seguía ligada ós Pactos de Familia, ata a execución de Luis XVI, cando España lle declarou a guerra a Francia. Non obstante, Napoleón chegou ó poder, e España convertiuse nun dos territorios controlados por el. A causa de isto, perdeu a súa frota na batalla de Trafalgar contra Gran Bretaña. En 1808 estalou o motín de Aranjuez, promovido polos opositores a Godoy, no que as clases populares obrigaron ó rei a destituír a Godoy e cederlle a coroa ó seu fillo, Fernando VII. Despois do Motín, Napoleón fixo ir ó rei e ó seu fillo a Baiona, onde ambos lle cederon a coroa a Napoleón, quen á sua vez lla cedeu ó seu irmán, Xosé (Pepe Botella). O pobo de Madrid revelouse contra esa decisión e comezou a guerra da Independencia.

A guerra da Independencia contra as tropas napoleónicas encádrase nos conflitos europeos provocados pola expansión imperial. Gran Bretaña enviou tropas para axudar ós españois rebeldes. Houbo unha guerra civil entre os que recoñeceron a Xosé como rei e os que non, sendo os que o apoiaban os afrancesados. O mando dos que se opoñían a Xosé asumiuno unha Xunta Suprema en Cádiz, que gobernaba en nome de Fernando VII. Alí se formaron as Cortes Xerais que redactaron a Constitución de 1812 (La Pepa). Finalmente os franceses foron derrotados.

Os vencedores de Napoleón reuníronse en Viena nun congreso que propoñía reorganizar Europa. As decisións correspondéronlles ás grandes potencias: Austria, Prusia, Rusia e Gran Bretaña. O organizador do proceso foi o chanceler austríaco Metternich. Finalmente optouse por volver ó Antigo Réxime, o que se coñeceu como Restauración. O novo réxime inspirábase nos seguintes principios:

  • Devolver o trono ós monarcas que o perderan.

  • Restablecer o absolutismo.

  • Crear a Santa Alianza para protexer ós monarcas fronte a revolución.

  • Establecer unha alianza entre a Coroa e a Igrexa católica.

Entre 1820 e 1848 producíronse varias revolucións de carácter liberal, como por ejemplo a independencia de Grecia do Imperio turco ou a separación de Bélgica do Reino dos Países Baixos. Outros exemplos son a unificación de Italia e Alemania.

bottom of page